A aplicación Google One permíteche facer unha copia de seguranza automática do teléfono e xestionar o teu almacenamento na nube de Google.
• Usa os 15 GB de almacenamento que ofrecen todas as contas de Google para facer copias de seguranza das cousas importantes que tes no teléfono, como fotos, contactos e mensaxes. Se rompes, perdes ou cambias o teléfono, podes restaurar todo o contido no teu novo dispositivo Android.
• Xestiona o espazo de almacenamento da túa conta de Google que se comparte entre Google Drive, Gmail e Google Fotos.
Cambia a unha subscrición a Google One e conseguirás moitas máis vantaxes:
• Obtén todo o almacenamento que necesitas para as lembranzas, os proxectos e os ficheiros dixitais máis importantes. Escolle o plan que mellor che cadre.
Última actualización
10 de nov. de 2025